Thiago conta con dous novos amigos e membros da súa familia, Onza e Leo, dous soles que iluminan a cara do seu dono cada vez que os nomea.
Thiago
levaba uns días falándonos deles e das experiencias que compartían, polo que lle pedímos permiso aos seus pais, Silvia e Wallace, para que nos fixeran unha
visita.
Onza
e leo son dous cans que foron adoptados na Canceira de Poio. Moito mérito
ten esta adopción, xa que son cans moi maiores e cos seus achaques, e
tamén polo seu aspecto de cans perigosos; pero para nada, como sempre, os cans
que se adoptan nunha protectora son os máis fieis e mellores amigos;
levan pasado tanto... que por un chisco de cariño dan a vida enteira.
Quedamos
encantados pola súa tranquilidade e polo ben que recibiron a aqueles
nenos e nenas que se quixeron acercar a darlles agarimo.
Esta visita serviunos para darnos conta de que unha mascota transfórmase nun membro máis da familia, que precisa de coidados, de cariño e de moita responsabilidade; puntos que hai que ter en conta e pensar ben para que logo non acaben nunha canceira ou nun refuxio de animais. Tamén falamos do importante que é adoptar en lugar de mercar, as canceiras están cheas de animais que buscan con desesperación o cariño unha familia.
Se alguén quere estar en contacto con algún destes
animais pero non pode levalos para a súa casa, pode ir de forma voluntaria a
sacalos a pasear, as persoas encargadas das protectoras quedarán encantadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario