Maruja segue moi atenta ao noso proxecto sobre Picasso; neste intre, descubrimos que con 9 anos o pintor ten que ir a vivir á Coruña, alí debuxa os seus primeiros cadros, un deles da Torre de Hércules, ou torre caramelo como lle chamaba el e o seu pai.
Maruja está intrigada, xa antes escoitara ese
nome, e pensando un pouco... deuse de conta de que aparecía na bandeira
andaluza. Sería algún heroe?.
Coa axuda dos Lunnis descubriu que era un heroe fortísimo, pero nacido en Grecia. Hércules tiña encomendadas 10 misións que se converteron en 12, unha delas no que hoxe é España.
https://www.youtube.com/watch?v=6U7keSGEghk
Maruja montou na súa vasoira e alá se foi a
Grecia. Que lío tan grande se atopou alí, había ruínas por todas partes; ao
parecer, nun daqueles montes viviron fai moitos anos seres estraños e deuses
moi poderosos, pero tamén moi tolos.
O avó
de Hércules, Cronos, papara aos seus fillos e levábaos no bandullo como o lobo cos
cabritiños, logo conseguiron saír sans e salvos gracias a Zeus, o papá de Hércules.
Zeus, o papá, namorábase de todas as mozas que
vía diante, tivo moitos, moitísimos nenos e nenas, un deles Hércules. A verdade é que eran un pouco raros.
Despois de tanto lío, descubrimos que Hércules
foi o culpable de separar Europa e África, creando o mar Mediterráneo na súa
loita co Xigante Gerión. Para conmemorar
a vitoria levantaron monumentos na súa honra, como é o caso da torre de
Hércules e a súa aparición na bandeira andaluza.
A misión que temos nesta ocasión é a de
ilustrar a lenda de Hércules e Gerión. En gran grupo hai que decidir cales van
a ser as características dos personaxes que imos debuxar e, por equipos hai que
decidir que escena imos a debuxar, que imos a debuxar cada membro do equipo, como
imos a distribuír o debuxo no folio A3 e que cores imos a empregar.
O resultado foi espectacular!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario