viernes, 3 de noviembre de 2023

PRIMEIRA VIAXE: MÁLAGA.

Maruja descubre  que estamos inmersos nun proxecto sobre Picasso e quere descubrir onde naceu; así que, sen pensalo dúas veces, ponse en marcha para descubrir os encantos desta cidade que viu nacer a este xenio da pintura.

Na maleta atopamos unha serie de pistas que nós temos que observar e analizar unha a unha, a través das mesmas imos descubrindo de que cidade se trata e ao mesmo tempo os seus grandes atractivos. Non foi moi difícil localizar o lugar, pois coñecen de sobra a bandeira Española, e a Andaluza polos avós dunha compañeira de clase. As últimas pistas facían referencia a Picasso  e á Praza da Mercé. Estaba chupado!!.

Volve a chegar a maleta, na que aparecen un par de baquetas, as que pertencen, como logo  descubrimos, ao personaxe do conto andaluz: “PERICO DE LOS PALOTES Y LAS UVAS”.

Un conto moi divertido no que o alumnado de Cuarto participou cos debuxos.







































No hay comentarios:

Publicar un comentario