jueves, 2 de noviembre de 2023

EIRUGA DE ESFINXE DO TILO

 Thiago trae ao cole unha eiruga que atopou no seu xardín. Ten unha especie de corno azul e unha cor verde moi intensa cunhas franxas a cada lado, o que lle permite camuflarse imitando a cor e os nervios dunda folla.

Estivemos indagando en Google Lens e outras aplicacións de insectos, e chegamos á conclusión de que é unha eiruga de esfinxe do tilo. Unha vez identificada a curiosidade é tremenda, todos queremos saber máis: o que come, como nace, onde vive etc.

Despois de moito indagar descubrimos que:

Nacen de ovos que as bolboretas esfinxe poñen na árbore da que se van a alimentar.

Entre os 14 e 21 días despois da posta nacen as larvas, que se alimentan de follas de árbores caducifolios. Podémolas observar nos meses de xuño a setembro.

As larvas sitúanse no reverso das follas, así pasan desapercibidas para os depredadores, normalmente paxaros.

Cando van a facer o casulo, baixan á terra e perden a súa intensa cor verde para agocharse na base da árbore.

Pasan o inverno en forma de casulo baixo a terra e emerxen en forma de bolboreta na primavera ou verán do ano seguinte. Cando son adultos non comen, a súa misión é a de reproducirse.


































































No hay comentarios:

Publicar un comentario