jueves, 5 de enero de 2023

PEQUENOS GRANDES EXPERTOS EN COMBARRO: VALERIA E A ÉPOCA DE MASIDE EN COMBARRO.

A TRAVÉS DA FAMILIA DE VALERIA E DA ASOCIACIÓN A SOLAINA ACHEGÁMONOS Á FIGURA DE CARLOS MASIDE, UN DOS PINTORES GALEGOS MÁIS DESTACADOS DO SÉCULO PASADO. 

DESCUBRIMOS QUE PASOU UN TEMPO EN COMBARRO E COÑECEMOS A UN DOS SEUS MODELOS, "ANTONIO BESADA".




















RESUMO PARA COÑECER UN POUQUIÑO A CARLOS MASIDE GARCÍA.


Carlos Maside foi un pintor galego que naceu en Pontecesures no 1897 e finou en Santiago no 1958.

Dende ben pequeno descubriu a maxia das cores, das formas, das liñas e o poder da representación.

Coñeceu a Castelao que exercería nel unha gran influencia a nivel artístico e ideolóxico, estivo en contacto con intelectuais da época, entre eles os da Xeración do 27.

Estudou en París e coñeceu as tendencias pictóricas da época, así como os pintores máis importantes.

Maside encadraríase na Xeración dos Novos (segundo Vicente Risco), que destaca polo seu compromiso social. Colaborou nalgún dos xornais da época, entre eles:"El Pueblo GallegoLa VozLibertadMásEl Sol e nas  revistas Nueva España e Política. 

Na década dos anos 20 e comezos dos 30 do século pasado, Maside consegue ser un pintor moi importante, participou na «Exposición Internacional de Barcelona» de 1929 e formou parte da «Exposición de Artistas Españoles Contemporáneos», esta última, mostra itinerante que circulou durante dous anos por EE.UU.

Foi moi coñecido por pintar murais en edificios públicos, nos que reflexaba a cultura popular.

Co estalido da Guerra Civil en 1936, o seu traballo veuse paralizado, tivo que abandonar a súa praza como profesor, deixar de publicar nos xornais e recluírse na súa casa en Santiago. Moitos dos seus coñecidos fuxiron a outros países, entre eles Luís Seoane. Foron anos escuros para Maside, a nivel creativo e emocional, pouco a pouco foi superado esta etapa a finais dos anos 40. 

Destaca a súa época de Combarro, pobo ao que acudiu invitado por Valentín Paz Adrade, que lle buscou aloxamento na casa de Celia, a nai de Antonio Besada, un neno de 9 anos que el retratou  no verán de 1952,  outra das mozas que pintou nesa época foi Maruja Vicente, coñecido o retrato  como “A peixeira”.

Despois de años de illamento, Maside desfruta en Combarro da clase traballadora: mariñeiros, mariscadoras, labregos, peixeiras; así como dos recantos deste pobo: as prazas, os hórreos, as casas mariñeiras, os mercados...  Din que dende  ben cedo estaba  no muelle, onde chegaban os barcos co peixe fresco e no que se concentraban os mariñeiros, as mulleres e nen@s. Foi unha etapa moi produtiva na que se estima que puido haber pintado ao redor de 100 obras, non todas elas localizadas.

Nesta época Maside xa non se atopa moi ben de saúde, o seu problema de diabetes foise agudizando cos anos. Antonio Besada lembra como sempre andaba con caramelos no peto (por prevención dunha baixada de azucre), que ás veces compartía cos máis cativos, isto converteuse nunha sinal se identidade de Maside.

Maside finou en Santiago de Compostela en 1958.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario