India mostrounos o seu traballo, un cruceiro elaborado con todo detalle. Falounos das partes dun cruceiro: gradas, base ou pé, varal, capitel e cruceiro. Mencionou unha das figuras que aparecen na cruz dun cruceiro tradicional e tamén no seu, un Cristo crucificado coa súa coroa de espiñas. Nos cruceiros de Combarro, salvo nun da Rualeira, miran cara a terra.
A base do seu cruceiro está decorado cunhas flores, pois en Combarro en determinadas celebracións como en Corpus as rúas e cruceiros decóranse con flores.
MOITÍSIMAS GRAZAS A INDIA E Á SÚA FAMILIA POLA SÚA APORTACIÓN AO PROXECTO SOBRE COMBARRO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario