Valeria é combarresa ao igual que a súa familia, xente adicada ao mar: mariscadoras, redeiras, mariñeiros... Con ela aprendemos un montón de cousas, e a súa familia colaborou en moitas das actividades deste proxecto sobre Combarro, non só a título persoal, senón facendo de puente para coñecer a outras persoas de interese sobre o proxecto.
A súa avoa Carmen veu ao cole a falarnos de moitas cousas sobre a vida en Raxó e Combarro cando era moza; e tamén dos seus traballos: nunha conserveira, como redeira, mariscadora, pescantina...
Mila, a súa nai, tróuxonos unha maqueta do seu barco "O Gamba", e Valeria explicounos as partes do barco e as súas funcións, o tipo de peixe que pescaba, cantos mariñeiros ían no barco etc.
Descubrimos máis información do barco en internet; entre outras cousas o tamaño, e intentamos compararlo co do noso cole.
No hay comentarios:
Publicar un comentario