viernes, 24 de enero de 2025
lunes, 20 de enero de 2025
XERMOLAN AS PRIMEIRAS SEMENTES DE TOMATE.
O
pasado 10 de xaneiro, facemos a sementeira de pementos e tomates.
Todos
os días ao entrar no cole ou á volta do recreo observamos se das macetas sae
algunha planta. As primeiras en xermolar son as tomateiras, dez días despois de
sementar.
sábado, 18 de enero de 2025
LUCY E SAM DESCUBREN VILA DO CONDE.
Lucy e Sam continúan percorrendo o Camiño Portugués
pola Costa, neste caso atópanse en Vila do Conde. Ambos quedan abraiados co seu
acueduto romano, coas súas igrexas, o forte de San Joao, as súas praias e co
río Ave.
Na desembocadura deste río, na antigüidade, había un estaleiro onde se construíron
moitas das carabelas e naos que se empregaron nos descubrimentos e na ruta das
especias e da seda.
Puidemos ver a nao Quinhentista, unha réplica exacta dunha
embarcación antiga. A través dun vídeo puidemos observar o material de construción
do barco, como era por dentro, as diferentes estancias e a utilidade das
mesmas. Quedamos abraiados de como nun espazo tan reducido podían convivir de
120 a 150 persoas. Outra das cousas que nos sorprendeu foi que había unha zona
destinada para grumetes, que eran nenos de 7 anos en adiante, estes facían o
traballo que os mariñeiros non querían: limpar, barrer, carretar cousas etc.
Unicamente había 7 pequenos camarotes para os membros destacados da
tripulación, os demais durmían acenados no chan da nave.
A vida nun barco era moi dura, o non poder saír a porto por longas
tempadas, a falta de espazo, a alimentación a base de galletas, peixe e carne
seca e auga de barril que non sempre estaba en boas condicións, provocaba
carencia de vitaminas e minerais e enfermidades tales como o escorbuto,
producida por falta de vitamina C ao non inxerir froitas e verduras frescas.
No cole, recibimos un pendrive da bruxa Maruja coa información aportada por Lucy e Sam e un sobre con unha serie de palabras clave que nos axudaban a descubrir a temática da lenda de Vila do Conde, a lenda do río Ave, que nace na serra da Agra e desemboca nesta vila.
A lenda do río ave trata dunha cabreira que coidaba un rabaño de cabras na serra da Agra. Un día aparece na serra un nobre que anda a cazar, ambos se namoran, pero o mozo ten que regresar á vila e, aínda que promete volver, a cabreira acaba soa e triste. Con todas as súas vágoas vaise formando un regato que desemboca en Vila do Conde; por último transfórmase nun paxaro que sae voando sobre o leito do río na procura do seu namorado.