domingo, 2 de febrero de 2025

COMPETICIÓN DE BISCOITOS.

 Imos facer un par de biscoitos, un de plátano con chocolate e outro de laranxa e chocolate.

Os amantes do plátano forman equipo contra os que lles gusta a laranxa. 

Ambos equipos tratan de facer o seu biscoito o mellor posible, batendo ben os ovos e mesturando os ingredientes por orde. 

O resultado foi moi positivo, pero toca saborear e decidir cal sabe mellor. Houbo un empate entre biscoito de plátano e laranxa, ambos estaban boísimos.

Estes biscoitos están elaborados sen glute e sen lactosa, cando falamos de leite, empregamos bebida vexetal de améndoa e cando falamos de fariña, falamos dunha mestura que leva por cada 100 g de fariña; 50 gramos de fariña de arroz, 30 gramos de amidón de millo e 20 gramos de fariña de améndoa.



                 
































No hay comentarios:

Publicar un comentario