sábado, 7 de diciembre de 2024

PASTEIS DE NATA OU DE BELEM.

 Lucy e Sam conseguen a receita dos pasteis con máis fama de Portugal. En Lisboa coñécense como pasteis de Belem e no resto do país luso pasteis de nata.

O martes pola mañá, atopámonos coa maleta chea de ingredientes e unha nota coa receita.

OS INGREDIENTES DOS PASTEIS, sen glute e sen lactosa:

Hoxaldre, neste caso sen glute.

500 ml de bebida vexetal de améndoas, na receita orixinal leva 350 ml de leite e 150 de nata.

1 culleradiña de manteiga (sen lactosa ou margarina vexetal para os que teñen intolerancia)

Rama de canela.

Tona de limón sen a parte branca.

4 xemas de ovo.

100 ou 125 g de azucre.

50 g de amidón de millo.

ELABORACIÓN:

Poñer a quentar a bebida de améndoa, reservar un chisco (se os facemos con lácteos, poñer a nata e o leite ao lume, deixando un pouco sen botar para empregar máis tarde), a culleradiña de manteiga, o pau de canela e a monda de limón. Cando pareza que vai a ferver, apagamos o lume e deixamos que vaia collendo o aroma da canela e do limón.

Por outro lado, batemos as xemas de ovo co azucre, engadímoslle o amidón de millo ou Maicena e o chisco de bebida de améndoa (leite, na receita orixinal) que apartaramos antes; todo isto ben mesturado, engadímosllo á bebida de améndoa  quente (ou ao leite quente coa nata, se o facemos con lácteos), retirando antes o pau de canela e a tona de limón. 

Poñemos toda a mestura ao lume e remexemos con moito coidado que non se pegue. Unha vez que espesa, xa temos a crema pasteleira feita; por tanto, retirámola do lume.

Facemos uns círculos de papel de forno e poñémolos cubrindo os moldes. 

Enroscamos o hoxaldre e cortamos pequenos cilindros que poñemos nos moldes sobre o papel de forno, dámoslle forma de pequenos cestiños. No oco do hoxaldre botamos unha ou dúas culleradas de crema pasteleira; por último,  metemos os pasteis ao forno uns 18-20 minutos. 
















































































































No hay comentarios:

Publicar un comentario