miércoles, 5 de junio de 2024

VISITAMOS APÍPOLIS.

 Imos ata Couso, en Xeve, para investigar como é o mundo das abellas. Descubrimos o traballo de apicultor, as ferramentas e vestimenta. Puidemos vestirnos de apicultores e entrar no apiario, pareciamos extraterrestres.😃😂 

Observamos os tipos de abellas que podía haber dentro da colmea: a raíña, o zángano e a obreira; e tamén as funcións que cumplían na colmea.

Descubrimos como se extraía o mel e diferentes produtos que se obtiñan dunha colmea: pole, mel, cera, propoleo. 

Fixemos unha vela de cera de abella e elaboramos unhas deliciosas galletas de mel.

Un día entrañable e unha experiencia marabillosa.😻











































































































































































































No hay comentarios:

Publicar un comentario