A Bruxa Maruja deixa na clase a maleta con papel en remollo, ao parecer quere que axudemos a coidar o planeta reciclando o papel vello que teñamos polo cole.
Para esta misión necesitamos a unha experta en reciclar papel, descubrimos que Andrea, a mestra de AL., coñece a técnica de facer papel reciclado e pedímoslle axuda. Coa colaboración de Andrea reciclamos fichas vella e xornais.
O
Primeiro que temos que facer e romper o papel en anacos, canto máis pequenos
mellor, para que o batedor eléctrico non se requente.
Botamos o papel en capachos e engadímoslle auga, deixámolo en remollo e pasámoslle o batedor. Deixamos que algún voluntario use o batedor, pero con sentidiño, agarrándoo coas dúas mans e sen levantalo da tina; e moi importante, coa mestra ao lado.
Unha
vez teñamos o puré, imos botándoo no cedazo, comprobamos que quede unha capa
homoxénea e dámoslle a volta sobre unha saba, tea ou periódico que estea sobre
unha superficie dura; no noso caso cartón.
Escorrémoslle a auga con panos ata que o cedazo salga e deixamos secar ao sol.
No hay comentarios:
Publicar un comentario