Despois de montar o invernadoiro, mellorar o firme de acceso á horta e á zona de bancais, xa que con tanta choiva non puidemos acceder durante o outono e o inverno, puxemos teas para que non saíse a herba, construímos novos bancais e enchémolos de terra para posteriormente sementar.
As familias do alumnado de 6º de infantil axudaron a crear a nova horta. O enxeñeiro e xefe de obra foi Rubén, o papá de Xiana, que dedicou moitísimas tardes para a posta en marcha, montando o invernadoiro, limpando o acceso, transportando material etc. Wallace e Silvia aportáronnos moito e Alicia, Carolina, Rosimeire, Montse, Sheila, José Carlos, axudaron para facer posible o poder rematar a horta.
Aínda que... os cativos non quedaron atrás, o alumnado de 6º de infantil traballou un montón e Ían, Luka, Keyla e os seus irmáns Unai e Enzo, viñeron unha tarde a axudar cos seus pais; que non se diga que non puxeron o seu gran de area... axudaron a carretar terra para os bancais e, vaia xeito lle deron💪💪. A estes rapaces e rapazas dáselles todo ben, que traballadoriños son!!!👌😄
Os gastos de material para a horta e o invernadoiro cubríronse con diñeiro aportado polas familias do grupo de Maios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario