Como moitos xoves, a bruja Maruja deixou na nosa aula a súa maleta de viaxe; esta vez a maleta pesa moito e é moi difícil de abrir. A sorpresa foi maiúscula, ao ver o seu contido, había botes de cristal que contiñan todo tipo de especias e un cofre moi antigo no que se atopaba unha saquiña de seda que contiña unhas especias con forma de cravo.
Ao parecer ese cofre perdurou no tempo dende finais do século XV, época dos grandes navegantes españois e portugueses, e a súa orixe era Asia.
Os nenos e nenas observamos e manipulamos as diferentes especias. Algunhas identificámolas con facilidade: a canela, o xenxibre, a cúrcuma, a pementa...
O cravo de olor que traía o cofre era a especia máis descoñecida e a que máis custou probar, o cheiro e sabor era moi intenso e... pensar que conseguir esta especie no pasado costou moitas vidas, provocou o descubrimento dun novo continente e a confirmación de que a terra era redonda ao buscar novas rutas para chegar ás illas onde se cultivaba, as Illas Molucas.
As especias foron empregadas pola humanidade dende fai miles de anos, exipcios, gregos e romanos xa as usaban, para darlle sabor as comidas e polas súas propiedades conservantes, medicinais e cosméticas.
As especias procedían na súa maioría do sueste asiático, de Indonesia, illas Molucas... e en principio, chegaban a Europa por dúas vías: por terras a través de caravanas de camelos, ou por mar en embarcacións que atravesaban o Indico, Mar Roxo e o Mediterráneo e era en Venecia onde se dispersaban ao resto de Europa.
Marco Polo fixo soñar a moitos con lugares afastados e misteriosos cheos de perigos e aventuras.
En principio a especias máis desexadas eran os cravos de olor, valía máis que o ouro e os comerciantes gardaban en segredo a ruta; pero a pillaxe, a piratería e o imperio turco facía máis difícil conseguir estas especias, o que levou a moitos navegantes a buscar rutas alternativas, tal como Cristóbal Colón que quería chegar ás indias por occidente, dado que pensaba que a Terra era redonda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario