miércoles, 23 de noviembre de 2022

VISITAMOS COMBARRO

 O VINDEIRO 30 DE NOVEMBRO, CONMEMÓRASE O 50 ANIVERSARIO DE COMBARRO COMO CONXUNTO HISTÓRICO-ARTÍSTICO. O ALUMNADO DO CEIPP ISIDORA RIESTRA QUERE DESCUBRIR QUE ELEMENTOS TAN IMPORTANTES TEN ESTE POBO MARIÑEIRO PARA RECIBIR TAL MENCIÓN; POR ESE MOTIVO, DECIDIMOS VISITALO E DESCUBRIR PARTE DAS XOIAS PATRIMONIAIS QUE CONSERVA: OS HÓRREOS OU PALLEIRAS, A IGREXA, OS CRUCEIROS, AS CASAS TERREÑAS, LABREGAS E MARIÑEIRAS, O ATENEO CORREDOIRA, A CASA DO SAL, OS PEIRAOS, AS PRAZAS, A PRAIA DO PADRÓN E AS SÚAS MAGNÍFICAS VISTAS DE COMBARRO. 

PASAMOS UNHA XORNADA MOI AMENA CONTANDO OS HÓRREOS E O SEU NÚMERO DE PÉS, BUSCANDO OS CRUCEIROS E OBSERVANDO OS QUE TIÑAN A VIRXE DO SOCORRO COA SÚA CACHIPORRA E O QUE TIÑA O VARAL EN FORMA DE TRONCO, BUSCANDO A IGREXA DE SAN ROQUE PARA CONTAR CANTAS CAMPÁS TIÑA, LOCALIZAR A CASA DO SAL ETC. PASÁMOLO XENIAL, CHEGOUNOS A POUCO 😉

A VERDADE É QUE O TEÑEN MÁIS QUE MERECIDO. NORABOA AOS COMBARRESES POR CONSERVAR TAN BEN O SEU PATRIMONIO!!😍😍

VÍDEO


































No hay comentarios:

Publicar un comentario