martes, 22 de noviembre de 2022

MADALENAS DE CABAZA.

 APROVEITANDO QUE ESTAMOS EN TEMPO DE CABAZAS, IMOS FACER UNHAS MADALENAS NAS QUE IMOS A EMPREGAR ESTE INGREDIENTE.

A RECEITA É MOI SINXELA E LEVA POUCO TEMPO FACELA. 

OS INGREDIENTES SON OS SEGUINTES:

4 OVOS.

200 G DE AZUCRE.

100 ML DE ACEITE DE XIRASOL.

UNHAS GOTAS DE ESENCIA DE VAINILLA.

1 SOBRE DE LEVADURA QUÍMICA.

300 G DE CABAZA RAIADA (NÓS BOTÁMOSLLE 200)

OPCIONAL: COBERTURA DE CHOCOLATE, QUE FACEMOS CON CHOCOLATE DE REPOSTERÍA E UN POUCO DE LEITE.

NO RELATIVO Á FARIÑA, LEVA  UNS 300 GRAMOS;  DADO QUE NÓS QUEREMOS FACELAS SEN GLUTE, UTILIZAREMOS 270 G DE FARIÑA PANIFICABLE E 50 G DE FARIÑA DE AMÉNDOA. PARA DARLLES A TEXTURA DE GLUTE ENGADÍMOSLLE 1 CULLERADIÑA PEQUENA DE PSYLLIUM.

AO LEVAR CABAZA  NON MEDRAN MOITO, A AMÉNDOA FAI QUE NON QUEDEN SECAS.

OS INGREDIENTES MISTÚRANSE NA  ORDE NA QUE APARECEN ESCRITOS, A  MEZCLA RESULTANTE BOTÁMOLA NOS MOLDES DE PAPEL E METÉMOLAS NO FORNO 25 MINUTOS A 180º. 

PARA A COBERTURA, METEMOS NO MICROONDAS O CHOCOLATE  CON UN CHISCO DE LEITE E DESPOIS DUNS 3 MINUTOS, REMOVEMOS  E CUBRIMOS AS MADALENAS.

VÍDEO


































No hay comentarios:

Publicar un comentario