PARA ESTA CONMEMORACIÓN DECIDIMOS ORGANIZAR UNHA MARCHA ATA A PRAZA DO MOSTEIRO, ONDE ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA FAI A LECTURA DUN MANIFESTO; LOGO BAILAMOS AO SON DA CANCIÓN "DEPENDE DE LOS DOS". DITA CANCIÓN FOI TRABALLADA POLO ALUMNADO DE 6º QUE PASOU POLAS DIFERENTES AULAS PARA AMOSAR OS PASOS DA COREOGRAFÍA.
sábado, 26 de noviembre de 2022
miércoles, 23 de noviembre de 2022
VISITAMOS COMBARRO
O VINDEIRO 30 DE NOVEMBRO, CONMEMÓRASE O 50 ANIVERSARIO DE COMBARRO COMO CONXUNTO HISTÓRICO-ARTÍSTICO. O ALUMNADO DO CEIPP ISIDORA RIESTRA QUERE DESCUBRIR QUE ELEMENTOS TAN IMPORTANTES TEN ESTE POBO MARIÑEIRO PARA RECIBIR TAL MENCIÓN; POR ESE MOTIVO, DECIDIMOS VISITALO E DESCUBRIR PARTE DAS XOIAS PATRIMONIAIS QUE CONSERVA: OS HÓRREOS OU PALLEIRAS, A IGREXA, OS CRUCEIROS, AS CASAS TERREÑAS, LABREGAS E MARIÑEIRAS, O ATENEO CORREDOIRA, A CASA DO SAL, OS PEIRAOS, AS PRAZAS, A PRAIA DO PADRÓN E AS SÚAS MAGNÍFICAS VISTAS DE COMBARRO.
PASAMOS UNHA XORNADA MOI AMENA CONTANDO OS HÓRREOS E O SEU NÚMERO DE PÉS, BUSCANDO OS CRUCEIROS E OBSERVANDO OS QUE TIÑAN A VIRXE DO SOCORRO COA SÚA CACHIPORRA E O QUE TIÑA O VARAL EN FORMA DE TRONCO, BUSCANDO A IGREXA DE SAN ROQUE PARA CONTAR CANTAS CAMPÁS TIÑA, LOCALIZAR A CASA DO SAL ETC. PASÁMOLO XENIAL, CHEGOUNOS A POUCO 😉
A VERDADE É QUE O TEÑEN MÁIS QUE MERECIDO. NORABOA AOS COMBARRESES POR CONSERVAR TAN BEN O SEU PATRIMONIO!!😍😍
martes, 22 de noviembre de 2022
MADALENAS DE CABAZA.
APROVEITANDO QUE ESTAMOS EN TEMPO DE CABAZAS, IMOS FACER UNHAS MADALENAS NAS QUE IMOS A EMPREGAR ESTE INGREDIENTE.
A RECEITA É MOI SINXELA E LEVA POUCO TEMPO FACELA.
OS INGREDIENTES SON OS SEGUINTES:
4 OVOS.
200 G DE AZUCRE.
100 ML DE ACEITE DE XIRASOL.
UNHAS GOTAS DE ESENCIA DE VAINILLA.
1 SOBRE DE LEVADURA QUÍMICA.
300 G DE CABAZA RAIADA (NÓS BOTÁMOSLLE 200)
OPCIONAL: COBERTURA DE CHOCOLATE, QUE FACEMOS CON CHOCOLATE DE REPOSTERÍA E UN POUCO DE LEITE.
NO RELATIVO Á FARIÑA, LEVA UNS 300 GRAMOS; DADO QUE NÓS QUEREMOS FACELAS SEN GLUTE, UTILIZAREMOS 270 G DE FARIÑA PANIFICABLE E 50 G DE FARIÑA DE AMÉNDOA. PARA DARLLES A TEXTURA DE GLUTE ENGADÍMOSLLE 1 CULLERADIÑA PEQUENA DE PSYLLIUM.
AO LEVAR CABAZA NON MEDRAN MOITO, A AMÉNDOA FAI QUE NON QUEDEN SECAS.
OS INGREDIENTES MISTÚRANSE NA ORDE NA QUE APARECEN ESCRITOS, A MEZCLA RESULTANTE BOTÁMOLA NOS MOLDES DE PAPEL E METÉMOLAS NO FORNO 25 MINUTOS A 180º.
PARA A COBERTURA, METEMOS NO MICROONDAS O CHOCOLATE CON UN CHISCO DE LEITE E DESPOIS DUNS 3 MINUTOS, REMOVEMOS E CUBRIMOS AS MADALENAS.