DESPOIS DE 15 DÍAS, LEVANTAMOS OS BOTES QUE QUEDARON NA HORTA E NO BOSQUE, E VEMOS O QUE ACONTECEU COAS BOLAS DE ARROZ. CADA BOLA PRESENTA MANCHAS DE CORES: AMARELAS, LARANXAS, VERMELLAS, OCRES, VERDES, AZUIS, MORADAS, GRISES E NEGRAS.
ESTAS BOLAS BOTÁMOLAS NUNHA TINA E ENGADÍMOSLLE: LEITE, IOGUR, KEFIR, AZUCRE, VINAGRE, SALSA DE SOIA, LEVADURA PRENSADA OU DE PANADERÍA E POR ÚLTIMO AUGA. LOGO NENOS E NENAS VOLUNTARIAS METEN AS MANS NESA AMÁLGAMA PARA DESFACER AS BOLAS. PASÁMOSLLE A BATIDORA PARA ACABAR DE MISTURAR BEN TODOS OS INGREDIENTES, E COA AXUDA DUN COADOR, BOTAMOS TODO NUNHA GARRAFA.
A GARRAFA DEBE PERMANECER NUNHA TINA E COA TAPA ABERTA, XA QUE PRONTO COMEZARÁ A FERMENTAR E É PROBABLE QUE PARTE DA ESPUMA SALGA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario