O CEIPP
Isidora Riestra, participa en colaboración co Concello de Poio, nun proxecto de
traballo sobre rexeneración medioambiental. O obxectivo deste proxecto é o de
familiarizar ao noso alumnado co coidado e recuperación da nosa contorna,
empregando microorganismos fermentadores.
Na
primeira das sesións o que facemos é: amasar arroz ecolóxico cocido, facer
bolas co mesmo, meter as bolas nun tarro de cristal e tapalo cun anaco de tea (media, esparto, lona ou algodón); suxeitando a tea ao bote cunha goma.
Saímos
ao monte a colocar os nosos botes, buscando un lugar limpo e con árbores
autóctonas. Nesta zona facemos un burato no que deixamos o bote boca abaixo,
coa tea en contacto co chan, cubrímolo con follas e outros restos vexetais e marcamos a zona cun pau. Queda esperar 15 días a que o arroz fermente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario