viernes, 21 de octubre de 2022

ANIVERSARIOS DO MES DE OUTUBRO.

 NO MES DE OUTUBRO ESTÁN DE ANIVERSARIO: MARTÍN CARAMÉS E NOA.






























PARABÉNS!!!😻


ECOLOXÍA CIRCULAR II

 DESPOIS  DE 15 DÍAS, LEVANTAMOS OS BOTES QUE QUEDARON NA HORTA E NO BOSQUE, E VEMOS O QUE ACONTECEU COAS BOLAS DE ARROZ. CADA BOLA PRESENTA MANCHAS DE CORES: AMARELAS, LARANXAS, VERMELLAS, OCRES, VERDES, AZUIS,  MORADAS, GRISES E NEGRAS.

ESTAS BOLAS BOTÁMOLAS NUNHA TINA E ENGADÍMOSLLE: LEITE, IOGUR, KEFIR, AZUCRE, VINAGRE, SALSA DE SOIA, LEVADURA  PRENSADA OU DE PANADERÍA  E POR ÚLTIMO AUGA. LOGO NENOS E NENAS VOLUNTARIAS METEN AS MANS NESA AMÁLGAMA  PARA DESFACER AS BOLAS. PASÁMOSLLE A BATIDORA PARA ACABAR DE MISTURAR BEN TODOS OS INGREDIENTES, E COA AXUDA DUN COADOR, BOTAMOS TODO NUNHA GARRAFA. 

A GARRAFA DEBE PERMANECER NUNHA TINA E COA TAPA ABERTA, XA QUE PRONTO COMEZARÁ A FERMENTAR E É PROBABLE QUE PARTE DA ESPUMA SALGA.

VÍDEO















jueves, 20 de octubre de 2022

MERENDOLA CON GUACAMOLE.

 PARA CELEBRAR O DÍA DO DO DOCENTE FACEMOS UNHA MERENDOLA CON GUACAMOLE, UNHA RECEITA MOI SINXELA QUE LLES ENCANTA AOS MÁIS CATIVOS.

PARTE DOS INGREDIENTES RECOLLÉMOLOS NA HORTA:  PATACAS,  TOMATES E  CEBOLAS.

@S QUE SEMPRE RENEGABAN DA CEBOLA, NIN A NOTARON😄😉

VÍDEO