jueves, 26 de junio de 2025

RECIBIMOS A VISITA DA CONCELLEIRA E A TÉCNICA DE TURISMO DO CONCELLO DE POIO

 O alumnado  de 6º de E. Infantil, en relación co proxecto de centro "UNHA ESCOLA NO CAMIÑO", percorreu o anaco de Variante Espiritual do Camiño de Santiago que descorre pola contorna do centro, analizando a sinalización, buscando puntos vulnerables ou mal indicados para poñelo en coñecemento do Concello,  tratando de salientar a situación e dar unha mellor imaxe de Poio.

As nosas propostas foron escoitadas, a Concelleira e a Técnica de Turismo do Concello acoden ao cole para escoitar as nosas propostas e poñer en marcha un plan de mellora. Aos poucos días notamos os cambios, que nos foron comunicados en persoa ao alumnado de 6º de Infantil.

Agradecemos moito o poder ser escoitados e que a nosa opinión se teña en conta; e aínda máis, que se tomen as medidas necesarias para que Poio sexa un referente.











No hay comentarios:

Publicar un comentario