NO MES DE XULLO ESTÁ DE ANIVERSARIO: ALEJANDRO.
miércoles, 31 de julio de 2024
domingo, 7 de julio de 2024
GRADUACIÓN 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL. PROMOCIÓN 2021-2024.
Chegamos ao final dunha etapa, unha etapa marabillosa na que tiven o pracer de coincidir con un grupo de nenos e nenas exemplares: en comportamento, entusiasmo e motivación; e que dicir das familias, entre todos conformamos unha gran familia que colaborou en todo momento, creando momentos e recordos inesquecibles: montamos unha horta, criamos pitos, participamos nos Maios...
O tempo pasou voando de aventura en aventura, e a verdade, é que as risas non faltaron. Foron tres anos fantásticos; pero como todo o bo remata, toca despedirse, pero non con tristeza, senón coa alegría de superar unha etapa con éxito e dos recordos tan bonitos que atesouramos. Foi un verdadeiro pracer e un gran orgullo ser a vosa mestra, continuarei pendente de todos e todas.
Deséxovos que sexades moi felices e que cumprades os vosos soños; pero ante todo, desexo que sexades boas persoas. Unha aperta moi grande e... ata sempre!!😽😽😽
sábado, 6 de julio de 2024
RECOMENDACIÓNS PARA VERÁN. FICHAS E CARTILLAS.
Rematamos a etapa de Educación Infantil, agora é momento de descansar e recargar enerxía de cara ao curso que ven, pero para non esquecer o aprendido, hai algunhas actividades que podemos poñer en práctica:
- Ler contos, un conto é un
recurso moi importante, hai moitas actividades que se poden facer a partir dun
conto: analizar os personaxes, cambiar o final, anotar o nome dos personaxes,
crear unha portada personalizada...
- Practicar a escribir
palabras, a través de poñer etiquetas, facer listados de cousas, anotando
receitas, elaborar un diario de verán...
- Fomentar a súa autonomía
persoal, establecendo un calendario de tarefas nas que poden axudar: recoller a
habitación, axudar a poñer a mesa etc.
- Xogar a xogos de mesa, ideais
para traballar varios tipos de conceptos, entre eles de expresión lóxico matemática.
- Practicar sumas e restas con obxectos do entorno.
- Traballar a memoria e a
atención a través de cancións, trabalinguas e adiviñas.
- Facer manualidades para
mellorar a súa psicomotricidade fina: recortar, picar, pintar, resgar etc.
Pero o máis importante, é que
xoguen e desfruten ao aire libre, evitando no posible as pantallas. Tamén sería
recomendable unha revisión ocular antes da volta ao cole, para descartar posibles
problemas de visión.
Para aquelas familias que poidan estar interesadas en ter un caderniño ou fichas de reforzo, a continuación poderán acceder a través dos enlaces. Hai fichas de diferentes graos de dificultade onde poder escoller.
BO VERÁN!! ATA SEMPRE.😻😽😽
FICHAS DE EXPRESIÓN LÓXICO- MATEMÁTICA.