jueves, 23 de marzo de 2023

DESCUBRIMOS AS SOBREIRAS DO PARQUE DA MEMORIA.

Outra das árbores que atopamos no parque da Memoria son as sobreiras (alcornoques en castelán), Quercus suber. É unha árbore que abunda nas zonas mediterráneas de Europa e norte de África.

 En Galicia atópanse exemplares moi lonxevos e existen algúns bosques desta árbore, pero sen dúbida, é Portugal, o centro, sur e  este de España onde se atopa en maior cantidade na Península.

As sobreiras poden vivir máis de 200 anos, os exemplares máis lonxevos  poden  chegan a medir máis de 20 metros. As do parque da Reiboa van medrando de xeito moi lento; dos cinco que se plantaron sobreviven un par deles.

Destaca pola súa cortiza que se emprega para múltiples usos, sobre todo na elaboración de tapóns e como recubrimento para paredes e chan. É a cortiza a que fai das sobreiras unha árbore que resiste ben os incendios, pois actúa como un  escudo, dado as súas propiedades ignífugas e illantes.

Son árbores de folla perenne; as follas son pequenas e algo dentadas, de cor verde escura pola face e esbrancuxadas polo envés.    

 Os seus froitos, son landras moi amargas que van madurando de xeito gradual de outono a febreiro, o que resulta ideal para a gandaría.

O noso alumnado puido observar a cortiza desta árbore rugosa e flexible, e as súas follas pequenas e dentadas.

















miércoles, 22 de marzo de 2023

SAN PATRICK DAY.

O venres, 17 de maio, celebramos o día de San Patricio, tradición irlandesa moi expandida por todo o mundo. No cole non poden faltar: a cor verde e laranxa,  os trevos e os trasnos ou  leprechauns.

Pasamos unha mañá moi divertida!😉😍





















"MULLERES AFOUTAS". 8 DE MARZO, DÍA DA MULLER.

 PARA O 8 DE MARZO, DÍA DA MULLER, DAMOS A COÑECER A VIDA DALGUNHAS "MULLERES  AFOUTAS", QUE A PESAR DOS TEMPOS NOS QUE VIVIRON, DESTACARON POLA SÚA VALENTÍA  E MARCARON O CAMIÑO CARA A IGUALDADE. MULLERES COMA: EGERIA, ISABEL ZENDAL, CLARA CAMPOAMOR, ROSALÍA DE CASTRO, MARÍA PITA, MARIE CURIE, AMELIA EARHART, ANA PAVLOVA, ROSA PARKS, ÁNGELES ÁLVARIÑO, WANGARI MAATHAI, SUSANA RODRÍGUEZ E GRETA THUMBERG.