RECIBIMOS NO COLE UN PAQUETE QUE VEN DENDE MOI LONXE, CONCRETAMENTE DENDE MÉXICO. ENVÍANOLO MIGUEL, UN DOS PROTAGONISTAS DA PELÍCULA DE ANIMACIÓN:"COCO"
O PAQUETE VEN ACOMPAÑADO DUNHA CARTA NA QUE NOS EXPLICA A TRADICIÓN DO DÍA DOS MORTOS EN MÉXICO, QUE SE CELEBRA ENTRE O 1 E O 2 DE NOVEMBRO.
NO DÍA DOS MORTOS, AS FAMILIAS LEMBRAN AOS FAMILIARES FALECIDOS, NON CON TRISTEZA, SENÓN CON RESPECTO E CARIÑO. NESTA CELEBRACIÓN COLÓCANSE ALTARES COAS FOTOS DOS DIFUNTOS, INCIENSO, VELAS, PAPEL PICADO, OBXECTOS PERSOAIS, BEBIDAS, COMIDA...
MIGUEL QUERE AMOSARNOS A FACER UNHA VERSIÓN DO GUACAMOLE QUE A EL LLE GUSTA MOITO, E QUE SEMPRE FAI NESTAS DATAS COMO OFRENDA AOS SEUS ANCESTROS.
VÍDEO DA ACTIVIDADE
No hay comentarios:
Publicar un comentario