COMO PARTE DO PROXECTO DESPLASTIFÍCATE, O XOVES 7 DE MARZO, INAUGÚRASE NO CEIP ISIDORA RIESTRA A EXPOSICIÓN DE REFUGALLO EXTRAÍDA DO MAR POLA FLOTA DE MARÍN E CEDIDA POLA AUTORIDADE PORTUARIA DE MARÍN E RÍA DE PONTEVEDRA.
MOITOS DOS RESIDUOS QUE PODEMOS OBSERVAR NA EXPOSICIÓN SON XERADOS EN TERRA, OUTROS SON FROITO DAS MALAS PRÁCTICAS DAS PERSOAS QUE TRABALLAN NO MAR, DEBIDOS A TEMPORAIS OU ACCIDENTES.
O QUE TRATA DE POTENCIAR DITA EXPOSICIÓN É A CONCIENCIACIÓN DE TODOS NÓS DO IMPORTANTE QUE É A REDUCIÓN DO USO DOS PLÁSTICOS, DA RECICLAXE E DA REUTILIZACIÓN. TAMÉN, DO IMPORTANTE QUE É COIDAR E LIMPAR O NOSO ENTORNO DE RESIDUOS, POSTO QUE ALGÚNS TARDAN MOITO TEMPO EN DESAPARECER DO MEDIO OU PODEN CAUSAR UN DANO INCALCULABLE NO MESMO.
AGRADECEMOS A COLABORACIÓN DE FRANCISCO TOUZA PARA CONSEGUIR A EXPOSICIÓN PARA O CENTRO; A PRESENZA DE LUÍSA MÁRQUEZ, COORDINADORA DE GALICIA DAS ESCOLAS ASOCIADAS Á UNESCO, E A DO ALCALDE DE POIO LUCIANO SOBRAL.
VÍDEO
No hay comentarios:
Publicar un comentario