domingo, 24 de marzo de 2019

TRANSFORMAMOS O PATIO

COA CHEGADA DA PRIMAVERA, E DENTRO DAS MODIFICACIÓNS QUE IMOS FACER PARA TRANSFORMAR O NOSO PATIO; O 22 DE MARZO, REPRESENTANTES DE CADA CLASE PLANTAN ÁRBORES.









jueves, 14 de marzo de 2019

MADALENAS DE IRENE

O LUNS 11 DE MARZO, IRENE CONVIDOUNOS A MADALENAS; TAMÉN  NOS DEIXOU A RECEITA POR SE ALGUÉN SE ANIMA A FACELAS NA SÚA CASA.

VÍDEO

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

O ALUMNADO E O PROFESORADO DO CEIP ISIDORA RIESTRA, REÚNESE NO PAVILLÓN DO CENTRO PARA PARTICIPAR NUNHA SESIÓN DE REFLEXIÓN SOBRE O QUE SIMBOLIZA A CONMEMORACIÓN DO DÍA DA MULLER: A ORIXE DE DITA CELEBRACIÓN, O PAPEL DA MULLER NA NOSA SOCIEDADE, AS SITUACIÓNS DE DESIGUALDADE QUE AÍNDA SE APRECIAN...

PARA REMATAR,  FACEMOS UNHA LECTURA DE FRASES CÉLEBRES DITAS POR MULLERES DESTACADAS DA NOSA SOCIEDADE, ANALIZANDO CADA UNHA DAS MESMAS.

VÍDEO





miércoles, 13 de marzo de 2019

EXPOSICIÓN DE REFUGALLO CEDIDA POLA AUTORIDADE PORTUARIA DE MARÍN E RÍA DE PONTEVEDRA

COMO PARTE DO PROXECTO DESPLASTIFÍCATE, O XOVES 7 DE MARZO, INAUGÚRASE NO CEIP ISIDORA RIESTRA A EXPOSICIÓN DE REFUGALLO EXTRAÍDA DO MAR POLA FLOTA DE MARÍN E CEDIDA POLA AUTORIDADE PORTUARIA DE MARÍN E RÍA DE PONTEVEDRA.

MOITOS DOS RESIDUOS QUE PODEMOS OBSERVAR NA EXPOSICIÓN SON XERADOS EN TERRA, OUTROS SON FROITO DAS MALAS PRÁCTICAS DAS PERSOAS QUE TRABALLAN NO MAR, DEBIDOS A TEMPORAIS OU ACCIDENTES.

O QUE TRATA DE POTENCIAR DITA EXPOSICIÓN É A CONCIENCIACIÓN DE TODOS NÓS DO IMPORTANTE QUE É A REDUCIÓN DO USO DOS PLÁSTICOS, DA RECICLAXE E DA REUTILIZACIÓN. TAMÉN, DO IMPORTANTE QUE É COIDAR E LIMPAR O NOSO ENTORNO DE RESIDUOS, POSTO QUE ALGÚNS TARDAN MOITO TEMPO EN DESAPARECER DO MEDIO OU PODEN CAUSAR UN DANO INCALCULABLE NO MESMO.

AGRADECEMOS A COLABORACIÓN DE FRANCISCO TOUZA PARA CONSEGUIR A EXPOSICIÓN PARA O CENTRO; A PRESENZA DE LUÍSA MÁRQUEZ, COORDINADORA DE GALICIA DAS ESCOLAS ASOCIADAS Á UNESCO, E A DO ALCALDE DE POIO LUCIANO SOBRAL.

VÍDEO










jueves, 7 de marzo de 2019

ENTROIDO 2019

NESTE ENTROIDO, O CEIP ISIDORA RIESTRA TRANSFÓRMASE NUN MUSEO DE ARTE, NEL OS CADROS COBRAN VIDA E OS DIFERENTES PERSONAXES PINTADOS POR: VELAZQUEZ, KANDINSKY, O GRECO, GOYA, DALÍ, MUNCH OU GAUGUIN, SALTAN DAS OBRAS PARA DISFRUTAR DO ENTROIDO.

VÍDEO








ANIVERSARIOS DE FEBREIRO


NO MES DE FEBREIRO  ESTÁN DE ANIVERSARIO ÉRIK E LUCÍA.




PARABÉNS!!!