lunes, 8 de diciembre de 2025

O MILLO.

 Outro dos produtos que se  recolecta no outono é o millo. O avó de Izan tróuxonos millo de todas as variedades: millo branco, millo amarelo, millo raíña ou vermello e millo corvo. 

Facemos unha clasificación do mesmo e logo procedemos a debullalo, separar os grans do carozo. 

Por equipos, puxemos en marcha todas as nosas habilidades motrices para que o noso fose o equipo vencedor da proba, que consistía en encher tres medidas de millo. Despois de tanto esforzo, probamos un pouco de pan de millo, que nos axudou a repoñer enerxía.








.















































 

No hay comentarios:

Publicar un comentario