O alumnado de 4º de primaria acude á nosa clase para contarnos un conto: "SUPERNIÑOS", da autora Anya Damirón. A través deste álbum, os nenos de cuarto amósannos a importancia de buscar o lado positivo fronte ás dificultades e a adversidade, con fermosos exemplos sobre a inclusión.
Con este conto, conmemoramos unha data moi especial no noso Calendario Escolar; xa que o 3 de decembro é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
QUEREMOS AGRADECER A RAQUEL, MESTRA ESPECIALISTA DE A.L. E AO ALUMNADO DE CUARTO DE PRIMARIA, QUE SEMPRE BUSCAN UN OCO PARA AGASALLARNOS CON CONTOS ESTUPENDOS 😍😘



























No hay comentarios:
Publicar un comentario