domingo, 8 de junio de 2025

SAM E LUCY CHEGAN A PONTEVEDRA.

Descubrimos recantos de Pontevedra tales como: a Peregrina, a estatua do loro Rabachol, a Ferrería con San Francisco e a fonte,  San Bartolomé, o Mercado de Abastos... Entre as historias que descubrimos, está a do fundador da cidade, un heroe grego, Teucro, a quen se lle dedica unha praza e o club de balonmán.

Teucro era un dos mellores arqueiros gregos,  xunto co seu irmá Áyax e Aquiles, loitaron na guerra de Troia.  Nesta guerra perde a vida Aquliles, a quen se consideraba invencible. Áyax, o irmá de Teucro, que era moi impulsivo, loitou con Odiseo por conseguir as armas de Aquiles, pero non logrou vencer e acabou morrendo. Cando Teucro regresou á casa, o seu pai Telamón desterrouno por non coidar de Áyax, e enviouno a Finis Terrae, o lugar máis afastado.

Cruzou o mediterráneo e fundou Cartaxena. logo soubo da morte do seu pai e regresou a Grecia, pero de novo foi rexeitado, polo que volveu polo Mediterráneo e chegou a o océano Atlántico, e seguindo a unha serea chegou a Pontevedra, á que lle dou o nome de Helenes.

Outro personaxe que descubrimos foi Benito Soto, este foi unha persoa real que naceu na Moureira, o barrio mariñeiro de Pontevedra, onde no pasado había un estaleiro no que posiblemente se creou a nao Santa María, empregada por Colón.

Benito  converteuse nun pirata con 22 anos. a súa fama de cruel chegou aos nosos días.

Na maleta da bruxa Maruja atopamos unha pequena biografía deste pirata.

Tamén non envía certos materiais para facer unha vara de choiva. leva tempo sen chover e Sam e Lucy botan en falta un pouco de choiva, tan común no seu país de orixe, para que limpe o ambiente e axude a medrar as plantas. 

As varas de choiva parece que fixeron a súa función, pois esa mesma tarde os ceos comezaron a nubrarse, esta bruxa Maruja...

Para facer as varas de choiva precisamos rolos de papel de cociña, cola, arameo fino, arroz, lentellas ou calquera outra semente.




















































 .

No hay comentarios:

Publicar un comentario