Comezo felicitando ao alumnado de 6º de Educación Infantil por ter superado con éxito a súa primeira etapa educativa. No relativo a propostas para verán o ideal é que xoguen, fagan actividade física, adquiran responsabilidades tales como: colaborar nas tarefas de casa, participando na elaboración dalgunha receita, ordenando o seu cuarto, axudando no coidado dalgunha mascota ou planta etc. Todo isto fomentaría a súa autonomía persoal e melloraría a súa autoestima ao sentirse útil e responsable.
Tamén sería
importante que pasara tempo de calidade coa súa familia e/ou amigos/as, evitando
o uso abusivo de pantallas; favorecendo a adquisición de habilidades sociais e
de linguaxe.
Unha das
actividades que se debería conservar é a do momento de lectura antes de ir a
durmir. O conto é un recurso moi importante, propicia un momento relaxado antes de durmir, fomenta a atención, a
comprensión, o enriquecemento da linguaxe e sobre todo do vocabulario; ten un efecto
catártico, permite analizar outros puntos de vista da realidade e en moitos
casos salientar problemas emocionais que vive a través dos personaxes. Aqueles
nenos/as que comezan coa lectura poden ir lendo un pouquiño cada día. Tamén
poden facer diferentes actividades a partir do conto: debuxar escenas do conto, analizar os
personaxes, cambiar o final do conto etc.
Os xogos de
mesa son outro dos recursos destacados para o verán: a oca, parchís, bingos, crebacabezas,
cartas; todo o que implique contar e razoar é ideal.
A elaboración
dun diario de verán onde se vaia anotando a data de cada día e o aspecto máis
salientable dese día, se se acompaña de debuxos e/ou imaxes mellor. Un diario
implica traballar lecto-escritura, aspectos espazo-temporais e emocionais.
Crear un libro
de receitas de verán con algunhas das receitas que axudaron a elaborar. Traballamos,
pesos, tamaños, cantidades, formas, cores etc.
Participar na
elaboración da lista da compra, non ditando as letras senón pronunciando os sons
das letras paras traballar a conciencia fonolóxica.
Outras das
actividades propostas para o verán son as manualidades: recortar, resgar papel,
pintar, amasar etc. Estas actividades desenvolven a creatividade e a motricidade
fina, imprescindible para escribir.
Para aquelas
familias que queiran manter unha pequena rutina de fichas para traballar lecto-escritura
ou aspectos lóxico-matemáticos, poderán acceder ás carpetas que se subirán ao
blog. Tamén se incorporarán unhas cartillas de lectura.
Só me queda
desexarvos un bo verán, vémonos en setembro!!😘😘
No hay comentarios:
Publicar un comentario