Sam e Lucy continúan o seu
camiño dende a Guarda, pasando por Oia e rematando en Baiona.
En Baiona observan o monte do Boi,
onde se asenta o castelo de Monterreal, tamén a Virxe da Rocha, construída no
primeiro térceo do século pasado. O seu interior é oco e pódese subir por unha
escaleira ata o barco que a estatua sostén na man dereita.
Outra cousa que chamou a
atención da parella foi a réplica da carabela Pinta, que foi a primeira nave en
regresar de volta á Península, das tres que saíron do porto de Palos de la
Frontera ao mando de Cristóbal Colón.
Cada primeiro de marzo,
conmemórase a festa da Arribada, para lembrar que Martín Pinzón logrou chegar a
Baiona. Cristóbal Colón regresaría días despois, a bordo da carabela a Niña
a Lisboa..
Dentro da embarcación atopamos produtos
chegados de América tales como: a pataca, o tomate, os pementos, o millo, o
cacao etc.
Como sempre que cambiamos de
etapa a bruxa Maruja envíanos a maleta, esta vez con patacas orixinarias de América,
sal das salinas da Guarda, 1 culler, tres vasos e auga. Tamén aparecen as instrucións
para poñer en marcha un experimento.
O experimento consiste en poñer
auga en cada un dos vasos. A un deles non se lle engade nada, a outro un pouco
de sal e ao terceiro moito sal. Logo córtanse 3 anacos de pataca iguais e
métese cada anaco de pataca nun dos vasos. Deixámolos así durante 3 ou catro
días e observamos a evolución.
O resultado despois de catro
días é o seguinte:
A pataca que está no vaso con
auga aumentou de tamaño e a auga podreceu.
A pataca do vaso con pouco sal
encolleu un chisco e a auga está un pouco turbia.
A pataca que está no vaso de
auga con moito sal encolleu máis e a auga está clara e non cheira.
A osmose axuda a frear o
crecemento de microorganismos, xa que deshidrata as bacterias que fan que podrezan
os alimentos. De feito, a deshidratación é unha forma de conservar
alimentos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario