Facemos o noso xabón polo proceso de saponificación en quente; é dicir imos cocendo a baño María o noso xabón para poder saltar o proceso de curación do xabón. Deste xeito en 24 ou 48 horas podemos empregar o xabón.
Receita:
500 g de aceite de oliva.
100 g de aceite de coco.
198 ml de auga destilada.
81 g de sosa.
Elaboración:
Poñemos a quentar o aceite de oliva
e o de coco a baño María.
Nun lugar ventilado e afastado dos nenos/as (protexidos con luvas, gafas e máscara; sen esquecer vinagre que corta as queimaduras por sosa), disolvemos a sosa en auga, NUNCA AO REVÉS, é moi perigoso. Deixamos arrefriar un pouco e aclarar a mestura; logo engadir isto aos aceites e bater cun batedor eléctrico ata que colla a textura dunha maionesa.
Deixar cocer lentamente, removendo cando vexamos que fai volcán, para que non saia da tarteira. Cando colla textura de puré e xa non espumee nada (+/- 45-50 minutos), engadímoslle o aceite esencial e xa estará listo para botalo nos moldes.
En pouco tempo endurecen os xabóns e
poderemos retiralo dos moldes, e en 24 ou 48 horas poderemos usar o noso xabón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario