viernes, 11 de abril de 2025

OBRADOIRO SOBRE FLORA EXÓTICA INVASORA.

Amabul é unha asociación medioambiental que loita contra a problemática das especies invasoras, tratando de concienciar aos máis cativos a través de programas e obradoiros.

O luns, 7 de abril, recibimos no cole a Rubén, un dos representantes da asociación Amabul. Rubén amósanos algunhas das plantas invasoras que atopou na contorna do centro, que inciden negativamente e poñen en perigo o ecosistema da contorna.

O obradoiro resultou ser moi dinámico e atractivo para os máis pequenos que conectaron moi ben coas actividades propostas.



























































No hay comentarios:

Publicar un comentario