sábado, 21 de diciembre de 2024

IMOS Á PRAIA DA SECA A VER COMO SE MARISQUEA.

 Achégase o Nadal e as mariscadoras aproveitan as mareas para extraer a mellor ameixa para vender. Coas festas o prezo do marisco sobe e son as mellores datas para traballar.

Algúns dos mariscadores e mariscadoras paráronse a escoller e pesar a ameixa e amosáronos os tipos de ameixa que levaban, fina e xapónica. Tamén os aparellos de mariscar: a gancha e os angazos; os carros, os capachos, o pneumático, a peneira e caldeiros de diferentes medidas.



























No hay comentarios:

Publicar un comentario