Despois duns días de deixar secar as sementes de tomates e
pementos, facemos a sementeira. Botamos terra en macetas e engadímoslle as
sementes, facendo un buratiño co dedo e cubrindo as mesmas cun pouco de terra.
Aproveitamos a lúa vella, é dicir o cuarto minguante, para plantar tamén
semente de col e de acelga que temos gardada de outros anos. Segundo a
tradición da nosa zona, a mellor fase da lúa para plantar é no cuarto minguante,
e sobre todo se a semente e vella.
No hay comentarios:
Publicar un comentario