Continuamos co mantemento da horta: sacar herbas, regar, poñer titores a algunhas prantas etc.
Plantamos xudías, cabazas e cebolas para a semente.
Continuamos co mantemento da horta: sacar herbas, regar, poñer titores a algunhas prantas etc.
Plantamos xudías, cabazas e cebolas para a semente.
Creamos un arcoiris con materiais moi sinxelos de atopar: celo ancho, rotuladores de cores (mellor permanentes) e unha lanterna. Imos ver como ás escures, a luz pasa a través do celo e proxecta as cores que hai pintadas nel no teito ou noutras superficies, creando un arco da vella que se agranda ou encolle dependendo da proximidade do foco de luz.
Continuamos cos traballos da horta; agora toca trasplantar o que sementamos: pementos, tomates, leitugas, remolacha e cebolas. Tamén temos que sachar as patacas e regar o plantado.
Este curso adicamos o Día do Libro a Quino, a través de Mafalda traballamos aspectos relacionados co coidado do medio ambiente, as emocións, a alimentación etc.