viernes, 22 de febrero de 2019

ANDAINA SOLIDARIA "SAVE THE CHILDREN" E PROXECTO "DESPLASTIFÍCATE"

ANDAINA SOLIDARIA "SAVE THE CHILDREN" E DE CONCIENCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL "DESPLASTIFÍCATE"

O VENRES 22 DE FEBREIRO, O ALUMNADO E O PROFESORADO DO CEIP ISIDORA RIESTRA PARTICIPA COMO CADA CURSO COA ONG "SAVE THE CHILDREN".  NESTE CURSO SAÍMOS POLO CONTORNO DO COLE: A RUTA DA OSTREIRA, O PARQUE DA MEMORIA E OS MUÍÑOS DA FREIXA.

APROVEITAMOS DITA ANDAINA PARA ANALIZAR A SITUACIÓN DESTES ESPAZOS E CONCIENCIAR AOS MÁIS PEQUENOS DA IMPORTANCIA DE COIDALOS, CONECTAMOS ASÍ CO PROXECTO QUE A UNESCO TEN A NIVEL NACIONAL "DESPLASTIFÍCATE"

A ACTIVIDADE RESULTOU MOI GRATIFICANTE XA QUE PROPICIOU A CONVIVENCIA ENTRE ALUMNADO DE DIFERENTES IDADES.

VÍDEO










miércoles, 6 de febrero de 2019

DÍA DA PAZ

O ALUMNADO DO CEIP ISIDORA RIESTRA, O PROFESORADO, E REPRESENTANTES DA CASA ROSADA, COMO CADA CURSO, REUNÍMONOS  NO PARQUE DA MEMORIA PARA CONMEMORAR O "DÍA ESCOLAR DA NON-VIOLENCIA E A PAZ".
O ACTO PARTÍU DAS FIGURAS DAS CATRO MULLERES DE PAZ: RIGOBERTA MENCHÚ,
LOLITA CHÁVEZ, BERTA CÁCERES E LORENA CABNAL. A TRAVÉS DESTAS MULLERES ACHEGÁMONOS A CONCEPTOS COMO: FEMINISMO,  DEREITOS HUMANOS E DEREITOS DAS MULLERES, PLURALIDADE,  COMUNIDADE, RESPECTO, COIDADO DA TERRA...


VÍDEO














AGRADECER A SERAFÍN A SÚA COLABORACIÓN CO EQUIPO DE SON.




martes, 5 de febrero de 2019

viernes, 1 de febrero de 2019

DÍA DA PAZ: MULLERES DE POBOS ORIXINARIOS

NESTA SEMANA CONMEMORAMOS NO COLE O DENIP "DÍA ESCOLAR DA
NON-VIOLENCIA E A PAZ". COMO CADA CURSO, CENTRAMOS OS NOSOS TRABALLOS OU PROXECTOS NUNHA/NUNHAS PERSOA OU PERSOAS DE PAZ; ESTE CURSO COLLEMOS COMO REFERENTES A CATRO MULLERES INDÍXENAS OU REPRESENTANTES DE POBOS ORIXINARIOS: RIGOBERTA MENCHÚ, LOLITA CHÁVEZ,
BERTA CÁCERES E LORENA CABNAL.








MADALENAS DE LIMÓN

ELABORAMOS UNHAS DELICIOSAS MADALENAS DE LIMÓN CUN TOQUE DE CASTAÑAS. A RECEITA É SEN GLUTEN E SEN LACTOSA, PERO PÓDESE FACER CON LEITE E FARIÑA DE REPOSTERÍA PARA AQUELAS PERSOAS QUE NON TEÑAN ALERXIAS OU INTOLERANCIAS ALIMENTARIAS.

VÍDEO






 







VISITA A "MUNDONENOS" NO PAZO DA CULTURA EN PONTEVEDRA

O ALUMNADO DE INFANTIL DISFRUTA DUNHA MAÑÁ CHEA DE ACTIVIDADES  DIVERTIDAS EN "MUNDONENOS", NO PAZO DA CULTURA EN PONTEVEDRA.
VÍDEO